sexta-feira, janeiro 27, 2006
Tartarugas
Entre os dous deben sumar case que 150 anos e fican no automóbil, un antediluviano 127, do lado e agardan pacientes a que o tránsito atafegante flúa de novo coma un acugulado río toldado. Ela dille algo, bátelle no brazo con agarimo e os dous estouran en silenciosas gargalladas, vai frío e todos temos as ventás pechadas. Eses risos cómplices e adolescentes resumen unha vida xuntos, unha vida de seguro chea de calamidades e infortunios, si, pero unha vida xuntos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Lémbranme a película Lugares comunes...
Lémbranme a película Lugares comunes...
Circula un xoguiño polo bloggo para admitir nel as nosas teimas, manías e demáis, así, en plan Sigmund Froiz. E para eso hai que amosar algunhas ligazóns. Coloquei a túa. Agardo non amolar... ;) Visita o meu bloggo se queres saber de que vai. Saúde dende o Norte do Norte!!!
"Toda una vida (lalalala), te estaría esperando (lalalalala)..."
Como banda sonora do post.
Gústache??.
:)
Enviar um comentário