quinta-feira, fevereiro 23, 2006

A Lucas e a Zoe, para que algún día tamén soñen mares


E unha sensación estraña ter o meu primeiro libro nas mans, de ledicia e tristura mesturadas, da perda do pai que ve coma seu fillo bota a andar polo mundo. De que xa é algo alleo a min que pertence aos lectores e aos andeis das librarías e bibliotecas.
Agradezo terme atopado nesta miña primeira andaina cunha editorial coma Tambre e cun editor - aínda que a el non lle gusta ese nome- coma Ignacio Chao a quen estarei sempre agradecido polo agarimo co que tratou o libro e o interese que puxo nel dende aqueles primeiros capítulos que lle enviei, polo entusiasmo no seu ollar cada vez que nos xuntamos para falar del. Co seu traballo está anovando a colección Catavento que coordina por novos vieiros afastados desa LIX de sota cabalo e rei, abríndoa a outras perspectivas e sendo receptivo a outras voces e outros ámbitos pouco trillados. Supoño que o feito de ser poeta denantes que editor terá algo que ver. Grazas Nacho.

10 comentários:

Anónimo disse...

A pesares da longa xestación, este fillo deu traballo pero non o dará para o manter, ou si? ;-) Parabéns

Veloso disse...

Parabéns, Folerpa. Prometo lectura sosegada e opinión sincera (ía escribir "opinión con fundamento", pero temo que sería moito dicir). Insisto: noraboa para ti e para Tambre, unha editorial especialmente querida por min.

Anónimo disse...

merecida noraboa

Anónimo disse...

Noraboa, amigo. Xa me tarda telo nas mans. Xa me tarda...

Anónimo disse...

qué emocionante :-)

máis alá disse...

Noraboa, tes que avisar cando sexa a presentación.

Anónimo disse...

Que gran ledicia saber que te atoparemos nas librarías e nas bibliotecas! Os meus parabéns e unha aperta moi grande.
Para cando a presentación?

torredebabel disse...

Parabens!!! e apertas neste parto e nacemento que é todo libro.

A Madriña Asociados Ltd. disse...

As familias falaron claro e ben alto: enhoraboa folerpa !
Estamos seguros de que "O Rexo" e " Rio Bravo" brindarán polo éxito da acción.
PD.Informaremos debidamente ás nosas bases ( é decir: prepara xa a 2ª edición)

Anónimo disse...

Parabéns! Agora hai que ir a pola parelliña e despois, quén sabe, familia numerosa estilo Conde Roa??

Fago propósito de lelo e facerlle chegar a miña impresión.