quarta-feira, junho 28, 2006

Es que yo trabajo todo el día

Nos meus dous anos á fronte da ANPA da escola infantil do meu fillo esta foi a frase coa que a maioría das nais e pais desculparon a súa nula implicación na educación dos seus fillos. Sobre un censo de 40 nenos cóntanse cos dedos dunha man as nais e pais que contribuíron co seu tempo, traballo e ideas a facer da escola algo máis que un aparcadoiro de rapaces, todos eles por suposto, fican no paro e teñen tempo de sobra para estas caralladas, coma me dixo algún dos desinteresados. A maioría pasaron e outros ademais de pasar aínda protestaron, polo uso do galego, polo tipo de actividades, pola talla ou a cor das camisetas...en fin unha autentica desolación.
A frase converteuse nun retrouso co que xustificar a súa inactividade, unha patente de corso coa que xustificar o seu desleixo pola educación dos nenos. Supoño que esta mesma frase lla espetaran aos seus fillos o día de mañá cando xurda algún problema ou lles fagan algunha recriminación polo seu labor.

(En homenaxe a Marta Mata e a todo os defensores da escola pública)

1 comentário:

torredebabel disse...

tamén traballo todo o día e por iso non consinto que nada do que pasa co meu fillo non me sexa coñecido ao cen por cento. Ainda que so ten 21 meses, non será diferente cando vaia a escola.