sexta-feira, setembro 22, 2006

Estamos famentos...


..e non nos queren dar de comer. Na madrugada do xoves namentres o Gordon achegábase as nosas costas máis de 20.000 letraferidos noitaregos oíamos a Suso de Toro falar no Libro Aberto. A esa hora pornográfica e clandestina da que xa se queixaron Naúfrago e Brétemas o programa tivo unha audiencia dun 11,6%.
A nosa literatura e a nosa cultura queren un horario mellor, están na obriga de dárnolo e nos temos o dereito de esixilo, así que hai que facer algo.
Asolaguemos o seu servidor coas nosas peticións, o tempo de chorar xa pasou é tempo de actuar.

4 comentários:

Anónimo disse...

Concordo contigo folerpa. Eu poucas veces consigo chegar ó inicio de Libro Aberto e encantaríame velo.
Por certo, que tal onte? Cóntame un pouquiño. Bicos.

X disse...

Exacto, é tempo de actuar.

Unknown disse...

Amólame ver os programas literarios do canal andaluz e de telemadrid e non poder ver o da TVG por unha cuestión de horario.

Anónimo disse...

Un horario mellor, un programa mellor, un presentador mellor, unha estética mellor, unha difusión do programa mellor, un decorado mellor...