segunda-feira, setembro 25, 2006
NUSHU
Coincidindo coa edición das miñas Cartas do terceiro día ven de publicarse en castelán unha novela dunha autora francesa que concorda no seu argumento co meu poemario e que as casualidades da vida fan que saian do prelo á vez.
Ambas obras falan sobre o nushu, derradeira e única linguaxe de xénero coñecida, escrita polas labregas dunha provincia do interior da china dende tempo inmemorial. Eu cheguei ata esta historia de resistencia feminina pola lectura no xornal da nova da morte da súa derradeira custodia Yang Huanyi.
Esta era unha linguaxe secreta coñecida só polas mulleres a través da que compartían a súas esperanzas, as súas alegrías e as súas moitas penas da súa vida de servas. Daquela so os homes aprendían a ler e a escribir o chinés pois as mulleres tíñano prohibido así que desenrolaron dende fai séculos o seu propio modo de comunicarse, transmitíndoo dunha xeración a outra, dunha muller a outra.
As rapazas xuramentábanse entre elas, formando as súas propias e secretas irmandades e cando unha delas marchaba da casa dos seu pais para a casa do seu home nun casorio arranxado, tres días despois do convite entregábanlle un nushu (tedes un na foto), un pequeno diario escrito na súa propia linguaxe ao que chamaban o libro do terceiro día. Nel súa nai e as amigas expresaban nas súas primeiras follas a súa dor pola perda e dábanlle consellos e avíos para a vida de casada que lle esperaba, o resto deixábase en branco para que fora ela a que escribira as súas impresións que anos despois legaría a súa filla.
E así eu escribín os meus versos, o meu propio nushu, e tratei de poñerme no pelexo desa nai e desas amigas para liberarme así dunha fonda frustración persoal que non ven ao caso contar.
Supoño que agora con esa novela que de seguro se convertera nun bestseller, alguén botará un sorriso cómplice ao ver o meu libro no andel de novidades, pero estas son as miserias ou as grandezas da vida editorial
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Foi unha mágoa para min non poder asistir á presentación de este libro, e agora que leo o que o inspirou aínda me da moita máis.Encántame ver que aos meus compañeiros lles vai tan ben. Parabéns. (Eu mercarei o teu libro e dedicareille o sorriso ao outro)
Volvo de novo a pedirlle perdón polas coincidencias de post.
Esta segunda a verdade é que xa me extrañou un tanto :)
Enviar um comentário