terça-feira, setembro 26, 2006

Oito quilos

No mesmo día en que a institución máis antidemocrática e anacrónica anunciaba a chegada dun novo membro,un neno de dous anos morría de fame pesando so seis quilos. Feitos estes que poñen en evidencia a grande distancia que hai entre un pazo real e un humilde casa de Ponteareas. Ninguén fixo nada, nin autoridades, nin familiares, nin pediatras, ninguén. Iso si na prensa os veciños afirman agora que os irmáns non estaban escolarizados, cando so é obrigatorio a partir dos seis anos, nin bautizados, vaia pecado máis grande, por desleixo dos pais, e que ademais estaban delgados e andaban case espidos pola rúa. Mais ninguén fixo nada.
Miña filla con dous anos pesaba hoxe mesmo 14 quilos. Oito quilos de diferenza. Oitos quilos que marcan a distancia entre a vida e a morte. Oito quilos.

1 comentário:

Anónimo disse...

Pero o importante é o embarazo da princesa consorte.