Un libro meu titulado O canto dos peixes ven de levar hai unhas horas o premio O Barco de vapor da editorial SM. A seca segue, máis estou feliz. En cultura.org adianto algúns detalles do libro.
Actualización 17/9/08: Nesta entrevista en A Nosa Terra falo máis devagar da novela.
Actualización 17/9/08: Nesta entrevista en A Nosa Terra falo máis devagar da novela.
20 comentários:
Como non vai estar! Noraboísima.
Unha caña cae, digo eu.
Abofé que si, arume, moitas grazas.
Aínda que veño de darche os parabéns desde O levantador de minas, non podo resistirme a virche á casa para che dar un abrazo. A ver se me pos un café e che vexo a face satisfeita entre chamada e chamada telefónica. De novo parabéns!
Obrigado, Alfredo. Sempre estás ao quite. Unha aperta.
Súmome aos parabéns. Se está nunha seca creativa como será cando ande inspirado.
Grazas, Bouzafría. Mais o azar éche así. A novela gañadora leva escrita máis dun ano e medio.
Noraboa. ¿E o seu é seca? Máis ben un merecido descanso, ¿non?
Oulego, grazas, mais ben sabes ti das casualidades do mundo editorial.
tómelle unhas cantas á saúde desa felicidade ...con tanta caña, o da seca, será só cuestión de tempo :P
parabéns
¡¡Hala!! ¡Noraboísima, parabéns, alégrome moito! ¡¡A disfrútalo!!
¿E caerá outra cervexa, digo eu?
Parabéns.
Moitos parabéns!!! Para a seca veñen ben as viaxes, igual non é mal momento para ir tramando algunha. ;-)
Veño de enteirarme. Parabéns desde o máis profundo do meu corazón. Telo ben merecido.
Unha moi boa nova para comezar a mañá. Parabéns. Unha aperta forte. Por suposto, quedo á espera dunhas cañas que o festexen axeitadamente.
Grazas a todos, vou ter que ir pinchando un gran barril de cervexa para todos os convites.
Xa tarda!
acabo d falar contigo,mais outra vez noraboa,e tanto convite a cervexa vas quedar a secas,eu prefiro un riberiña,se pode ser..beixos e parabens.
Parabéns dunha que está a piques de declararse fan :)
Esas si que son secas... Parabéns!
Abusón !!! Deixa algo para os demáis (je)..noraboa
Enviar um comentário