A versión é a de Coltrane do post anterior, pero hai algunha máis extraordinaria. En primeiro lugar, esta un chisco naif de Claudine Longet, a nai musical de Carla Bruni.
Tamén esta, da gran dama Dionne Warwick cos elegantes arranxos de Burt Bacharach.
Ou esta xenial marcianada de Outkast.
E para rematar, esta estarrecedora ineterpretación de Borkj na cela que Von Traier lle fixo a medida en Dancing in the Dark.
Ao cabo, tras a canción está sempre a xenialidade de dous dos máis grandes compositores do século XX: Rodgers e Hammerstein.
Tamén esta, da gran dama Dionne Warwick cos elegantes arranxos de Burt Bacharach.
Ou esta xenial marcianada de Outkast.
E para rematar, esta estarrecedora ineterpretación de Borkj na cela que Von Traier lle fixo a medida en Dancing in the Dark.
Ao cabo, tras a canción está sempre a xenialidade de dous dos máis grandes compositores do século XX: Rodgers e Hammerstein.
5 comentários:
Vostede saberá desculparme. Pode que sexan os anos que me van volvendo inclemente. Pero iso de chamarlle "gran dama" a unha cantante é unha horterada de DJ dos 40 principais e impropia totalmente dun "autor" coma vostede. Póñase firme, soldado. E aprenda a comportarse. Onde se viu tal cousa.
Ademais, o Lars este, por moito que fose icona de toda unha xeración, xa vai ficando un pouquiño carca. Meu Deus, que diferentes sodes os de 40 de agora.
Con todas as miñas limitacións, e pedindo desculpas polos improperios de señor maior.
Claudine Longet é a estupenda rapaza do "guateque", con Peter Sellers.Lin en algures que despois estivo implicada nun asasinato.
Anónimo, hai alcuños peores que o de "gran dama",que quizabes soe un chisco reseso como di.
Repecto o de Lars gústame algún dos eu filmes, máis eu no post falaba da estarrecedora versión de Bojrk non do filme.
Por certo , levo moi ben os corenta, tanto me teñen e nin os celebrei, pois penso que estou no meu mellor momento. A vostede si que lle noto certa xenreira xeracional;-). Unha aperta.
Bouzafría levas razón. Acusarona de asasinar ao seu amante, un esquidador olímpico, máis absolvérona. Logo casou co seu avogado defensor e unca xamais volveu actuar. Para a lembranza e o goce os cinco Lps que gravou antes de calar para sempre.
Enviar um comentário