quarta-feira, janeiro 14, 2009

As ficcións de Daneil Gil


Brétemas lanza unha luva e eu recólloa. O reto é dificil, escoller entre unha das 938 capas que o mestre Daniel Gil deseñou para os libros de peto de Alianza Editorial. Eu, entre as moitas que me gustan, escollo esta por unha cuestión sentimental, foi o meu descurimento de Borges e aínda gardo o libro na casa como unha alfaia. Recoñezo que tamén gusto da de Villares, esas zocas a medio facer semellan unha metáfora da nosa historia.
E xa seguindo co xogo, cantos deses libros lestes? Cando cheguei a cen deixei de contar, pero confeso que o voraz lector adolescente que fun, e o escritor que agora pretendo ser, fíxose coas lecturas desa colección e dalgunha outra (Bruguera libro amigo)

3 comentários:

R.R. disse...

Pois eu quedo con unha por motivo similar: a "Poesía" de Pedro Salinas anotada e seleccionada por Julio Cortázar. Case nada. E si, deus sabe cantos papei tamén.

E sobre o de Bruguera: o outro día conseguín en Ebay a mesma edición na que lin por vez primeira "Príncipe e Mendigo". Impresionante.

folerpa disse...

r.r., eu en Ebay téñolle o ollo botado a isto:
http://cgi.ebay.es/ws/eBayISAPI.dll?ViewItem&item=110331549935
pero saeme de presuposto.

R.R. disse...

:-O