O nome desta muller, morta hai un días aos 87 anos, non aparece en moitos dos cds que teño na casa, nin seguramente figurará nos libros de historia da música, mais o seu patrocinio e apoio a algúns dos compositores contemporáneos americanos máis senlleiros foi fundamental para que chegaran a nós marabillas como este Different trains de Steve Reich, unha das obras capitais da música do seculo pasado.
sexta-feira, janeiro 09, 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Señor das Alfaias: o seu é un flipe! Controla de todo!
Admirado Alfaias: alégrome de que fale vostede de Steve Reich, un músico ao que pouca xente coñece. Eu tiven a oportunidade de oír unha das súas pezas en Nova York nunha sala fantástica baixo a que pasaba o metro de cando en vez, creando unha estraña sensación de débil terremoto. No meu iPod viaxa comigo unha pez súa de unha soa nota. Hora e media oíndo a mesma nota, interpretada por diferentes instrumentos. Lograr que iso se convirta en pracer acústico é algo que non está na man de moitos. Vexo que está vostede na boa liña. A seguir así.
Admirador, non é que controle de todo, só de aquilo que me gusta e me emciona.
Cabaleiro, lembro que no mellor concerto da miña vida( O Kronos Quartet en Caixanova ante dez pelagatos)tocaron un peza súa extraordinaria. Eu sinto debilidade por eses trens, tanta que a versión teatral dos mes Rinocerontes cos nenos da escola do meu fillo, a representción comezaba con esa música e cos monstros arrombados no vagón agardando polo seu incerto destino.
Enviar um comentário