Por fin, hoxe ás oito da tarde, lectura dramatizada de noso premio nacional Limpeza de Sangue de Rubén Ruibal na sede da SGAE en Santiago, na rúa das Salvadas. Dirixe Santi Prego e conta cos actores Sergio Zearreta, Josito Porto, Xavier G. Pan, Fernando Morán, Monica García, Mónica Camaño, Xavier Deive e Víctor Mosquera. Do ambiente sonoro encárgase Anxo Graña e conta co apoio da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Unha cita imprescindible e de balde para os amantes da nosa mellor literatura.
segunda-feira, janeiro 26, 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
¡Oh! Non o vira (estiven sen ADSL ata hoxe). Pois moitas gracias e breve crónica (pouco fiable por ser un quen é) como agasallo:
Media entrada tirando a tres cuartos.
Actores en estado de gracia pese ás escasas 20 horas de ensaios, a destacar: sorprendente Mosqueira como Inspector, valente Xavier Pan defendendo os defectos de Pantaleón, brillante por momentos Sergio Zearreta como Fernando, vivísimo e xa case feito o Clemente de Josito Porto, entrañable e dura Mónica García como Mucha, boas interpretacións de Camaño, Morán e Deive nos seus papeis; dirección -case posta en escena -atrevidísima nestas circunstancias de Santi Prego; espazo sonoro axeitado e acertado, para anotar o nome de Anxo Graña.
Creo que o público non se aburriu pese ás dúas horas e cuarto que durou a cousa. Ou iso dixeron, pero claro, eu son eu.
A nota negativa, a cargo da SGAE: negaron o permiso para facer gravacións ó Diario Cultural da RAG, prohibiron un rexistro en vídeo da lectura e nin sequera consultaron ó autor para saber a súa opinión. E non estaba lonxe: botando un pitillo na porta do edificio, concretamente. E non digo máis, que eu son defensor dos dereitos de autor pero o desta Sociedade ás veces lembra máis ás Familias.
Por certo, creo que aínda así, a xente do Diario Cultural está emitindo cortes gravados... ¡nos camaríns! :-S
Enviar um comentário