(Creo que os lectores deste caderno merecen unha explicación:
Dáme arrepío ver aí ao carón o rostro de Corina, pero foi ela coa súa torpeza política quen sitou o debate nestes termos: ou ela ou o galego. Eu téñoo claro, quedo coa miña lingua.
Non son eu moi amigo destas historias pero a auga xa comeza a sobordar o vaso. Agardo que todos aqueles que teñades a elección clara coma min fagades o mesmo e espalledes pola rede está sinxela campaña -imaxe e enlace- en defensa da nosa lingua e da nosa cultura.)

6 comentários:
Pensareino, pero ser, é forte... (ver a cara desta todos os días, digo).
Os que non votan en Pontevedra tamén poden adherirse, non?
Eu adherir, adhírome. Mais coido que a campaña precisa unha redefinición da súa imaxe gráfica. Ofrézome voluntario.
(Borrei a mensaxe anterior porque non soporto recoñecer que cometo grallas ortográficas de cando en cando)
Mario, que non vote en pontevedra tamén , poe suposto.
Danilo, acepto encantado a colaboración,eu co photoshop son un desastre.
A iniciativa é linda e sentida, desde logo, e por iso atraente. Mais esa señora permítese esas afirmacións porque non considera que en política a palabra dada valla nada de nada. Iso é o que significa a súa palabra: que non teme sentirse obrigada a renunciar á carreira política, por moito que teña feito unha aposta en firme.
Así nos vai neste país: non só non temos unha industria desenvolvida, senón que con mentalidades empresariais deste teor ningún proxecto de grande calado pode levarse a termo.
A campaña é arrepiante. Ademáis pense que eles van pensar que é dos seus, porque como o galego non o entenden non...
Enviar um comentário