As cifras
17, nº aproximado de poemas en galego escritos polo homenaxeado.
5, nº de páxinas en galego nun xornal co gallo da celebración.
1, euro miserábel polo libro sobre o homenaxeado que vende o anterior xornal patrocinado ademais por unha caixa.
0, nº de actos oficiais dos que nos malgobernan co gallo da celebración.
2, columniñas arriba a esquerda que lle adica un xornal nacional a celebración.
1, paxina enteira no anterior xornal a promover o último libro do diletante crítico anglosaxón publicado nunha das súas editoriais.
45, minutos sobre o homenaxeado a partires da mañanciña do 18 na televisión popular, agás as puntuais novas nos informativos case tan relevantes como unha tortilla xigante que fan en non sei onde con máis de 5.000 ovos.
5, nº de horas polo serán de culebróns emitidos pola televisión popular neste día.
6, nº de libreiros que ousaron poñer os seus postos na rúa en Vigo para promover o galego entre os turistas xubilados de transatlántico
O dato.
Ante toda estas crifras o presidente ledo de que a xente vaia a praia presume de ser un túzaro na informática, e de non tocar rata nin rato o día da necrofílica celebración dunha lingua case morta.RIP.
terça-feira, maio 17, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Si, a verdade é que cada ano facémoslle unha misa- funeral e non un cabodano. Aínda que gustaríame saber canta xente indígnase por ter que ler a primeira paxina do xornal en galego.
Noraboa polos teus poemas.
Pois A Madriña indignase, caro Bartolomeu. Indignase por ter que ler a primeira páxina do xornal en galego e un dia. A Madrinha que é bilingue, pensa: falta de respeto cara a lingua e os seus "usuarios" fundamentalistas. Pero , ¿cuantas liñas ao respecto?
Proposta para publicar no DOGA. O día das letras galegas, os xornais galegos publicaran nas linguas ibéricas, vivas e mortas, dende o latín a o catalán, excepto o galego. Queda terminantemente prohibido o uso nos xornais da lingua nai, ou pai, ou orfa, ou madriña. O resto do ano, uso obligatorio ( incluido seccion de contactos)
http://remolca.blogspot.com
Enviar um comentário