Que escuras reviravoltas dá a vida dun home para finxir durante trinta anos que sobreviviu ao terror dun campo de concentración nazi, e presidir unha asociación de superviventes, e escribir un libro desa imaxinaria tortura e dar charlas aos rapaces sobre a súa fantástica e arrepiante experiencia e recibir medallas no seu peito.
Que escuras reviravoltas dá vida dun candidato para ocultar tódolos seus anos de vida pública no anterior réxime, tódolos seus cargos, embaixadas, secretariados e ministerios, rúas que eran de el e mergullos na praia.
Supoño que todo será por causa desa “burda criba da memoria” da que falaba Günter Grass no seu demoledor e lúcido artigo deste fin de semana.
quarta-feira, maio 11, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
A memoria é selectiva. Verdade indiscutible e incontestable. Pero os esquezos "voluntarios" de toda a sociedade teñen peor explicación.
Enviar um comentário