Cando a rutina traba con forza,
coa ambición no val e o resentimento na curota,
as emocións non agroman
e afastámonos e tomamos diferentes estradas
Entón o amor,
o amor esgazaranos outra vez
¿ Por que o leito está tan frío ?
Ti que das a volta lonxe no teu lado
¿ Foi a miña cadencia a que estragou o noso respecto?
¿ A que estragou os nosos sentimentos enxoitos?
Con todo aínda fica esta súplica, esta alfaia das nosas vidas
O amor,
o amor esgazaranos outra vez
Ti berras en sonos e descobres tódalas miñas eivas
e eu co acre sabor da desesperación no meu padal
Penso que algo tan bo non pode funcionar sempre
Entón o amor,
o amor esgazaranos outra vez
(En lembranza de Ian Curtis pendurado dun adival na súa casa o 18 de maio de 1980 aos vintetrés anos)
quinta-feira, maio 19, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Ola folerpa: veño de ler no blog de Francisco Castro que tes algunha cousa escrita. A min gustame ler as cousas dos demais - novelas, contos, poemas - se está da tua man compartir podesme enviar algunha cousa a vafalungo@hotmail.com. Lereino con enbtusiasmo.
Que os Joy Division son un marabilla, estou contigo.
Enviar um comentário