quinta-feira, maio 05, 2005

Tender Pontes

Pola autoestrada cruzamos a Raia, xa non hai viaxe nin fronteiras nin alfándegas, todo muda nunha ladaiña interminábel de sinais indicadores e carteis, e Penélope farta de agardarnos, vende cebolas e allos nunha cuneta cinsenta. Na cidade agás pola lingua xa todos somos iguais, poderiamos estar en calquera outro lugar e non nós decatariamos nin eles tampouco, aínda que sempre nos quedará a fachendosa babel que resiste estarrecida a ira divina do deus americano ou escandinavo ou chinés que todo o asolaga e uniformiza. Dende a fiestra do automóbil leo na outra beira do río, baixo a ponte e pintada con grandes letras brancas no peirao que se afunde nas augas balorentas do Douro unha fermosa e suicida declaración de amor, AMOTE MAIS DO QUE AO SOL. Cecais a única e derradeira diferenza sexa esa.

2 comentários:

Anónimo disse...

Non hai sol sen lúa.

www.mividacomounchino.com

Anónimo disse...

Canto tempo. Rachaste a túa ponte ao meu blog, voto de menos os teus comentarios. Mentras espero a túa volta a Eldernad sigoche lendo e vixío este sitio e miro o seu agromar prometedor.

Unha aperta.