terça-feira, outubro 10, 2006
A arte da pintura
Bertold Brecht coñeceu a un home que para mostrarlle a súa casa aos demais levaba sempre un ladrillo con el.
O heterodoxo pintor local pasea polas noites entre as cabichas cun dos seus lenzos, gabándose na barra dos bares co descomunal ego dun xenio calquera da pintura universal.
Na súa derradeira exposición decepcionou ao seu critico máis entusiasta, a súa mellor obra, “Autorretrato vendado”, homenaxe suponse a aquel famoso cadro do holandés coa orella cortada, é moito máis pequeno do que este lembra das súas ambulantes xiras nocturnas. Interrogado por esa circunstancia, o artista resposta que lle regalaron o marco e era unha magoa desperdicialo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário