terça-feira, outubro 03, 2006
Medrar
O sábado pola mañá á hora de vestila miña filla porfiou en por os seus pantalóns favoritos, aqueles de listas de cores que tanto puxera ao comezo do verán. Por moito que lle dixen que medrara moito e que lle quedaban pequenos ela teimou en poñelos malia evidencia. Tras varios infrutuosos intentos deuse por vencida e chorou desconsolada durante un bo anaco. Despois pasou todo o día carrexando por todos os recunchos da casa os malditos pantalóns sen esquecelos en ningures. De cando en vez fitábaos e un meco tristeiro agromaba na súa face. Con so dous anos era consciente de que perdera algo, non sabía moi ben o que, mais do que estaba segura era de que non o recuperaría xamais.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
E, despois de medrar físicamente, tamén medrou interiormente.
Eles son a demostración, sobre todo, de que o tempo pasa para nós... que, co tempo, tampouco entramos dentro dos pantalóns.
Dese tempo non se recupera nada. Nin o recordo.
A ninguén lle gusta medrar... Complexo de Peter Pan... o mal que asola a nosa sociedade... ;)
Un chisco tod@s andamos cos pantalóns pola casa toda sen esquecelos en ningures, non vaia ser que perdamos o noso pasado.
Enviar um comentário