Malia ser luns hoxe foi un bo día.
1º Por fin saio da miña crise creativa, a música volve a soar no meu caletre e os dedos lixeiros baten no teclado compoñendo o fío dunha nova historia.  
 
2º Un lector deixa unha mensaxe neste blogue, respóndolle para ver  que quere. Unha sinxela felicitación tras a lectura dos meus versos chineses chégame no correo e éncheme de ledicia e orgullo. Moitas grazas.  
3º Kavafinho despois de case un ano de singradura arribando a illas, badías e portos que os seus ollos ignoraban, chega a Itaca e déixanos dúas gorentosas e fermosas alfaias da súa arte ( Outra gralla fundamental do  SLG: a ausencia dunha tradución das Fleurs du mal de Baudelaire) 
O dito, hoxe foi un bo día.
segunda-feira, outubro 23, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)



3 comentários:
Os dedos lixeiros, que sorte. Os meus pasan a vida sobre o teclado en posición de ataque, pero sen que chegue nunca a orde definitiva. Que continúe a racha. Unha aperta.
As crises sempre anteceden á creatividade. Alégrame ese bo día!
despois dunha boa temporada, aquela que estaba "aquí" volveu, agora acompañada. unha aperta.
Enviar um comentário