sexta-feira, outubro 27, 2006

Recital


Hoxe ás 20:00 horas na Casa do Libro de Vigo e na presentación do libro CATAVENTO DE NEUTRÓS DOMESTICADOS de Manuel María participarei no recital de poesía do autor xunto cos escritores Paula Mariño, Francisco Castro, Ramón Nicolás e o editor, Henrique Alvarellos.
Agardo facelo un pouco mellor que esta semana no Diario Cultural, onde un día tras outro esnaquicei os meus propios versos. Supoño que hoxe na entrevista a cousa irá un pouco mellor.

4 comentários:

Silvio Falcón disse...

Gustaríame saber qué tal che foi, amigo

paideleo disse...

Mireite na tele.

folerpa disse...

Silvio o acto foi ben intimo, quince persoas ou así. Os vellos lectores de Manuel María de seguro que estaban corenado a Touriño na conferencia que daba a esa mesma hora sobre a andrómena esa do estatuto.
O mellor foron as cervexas de despois con Alvarellos, Vilanova e Paula Mariño.
Pâidelo, e estaba ghuapo?

paideleo disse...

Ghuapo, ghuapo...non creas. Resultón si que eres.
Un saúdo.