quinta-feira, outubro 19, 2006
Barreiro vs. Reigosa
Onte en Libro Aberto asistimos a un interesante combate literario. O Presidente acusou ao escritor, entre outras cousas, de falta de alicerces históricos, de escita apresurada, de inconcreción xeográfica e temporal da obra. O autor un chisco aquelado polos ataques zafouse como puido e cada gralla do Presidente era para el unha decisión intencionada de escritor, chegoiu incluso a gabarse nunha das súas respostas de que o presidente non o tomase por un ignorante. O presentador mentres tanto asistía co seu perenne sorriso a lea dos titáns e eu ficaba perplexo do outro lado de televisor.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Pois si que debeu de ser interesante o debate/combate. Cun pouco de sorte, podereino ver a semana que vén. A TVG adoita encher con programas culturais os ocos das transmisións deportivas que, por cousas dos contratos, non se poden emitir fóra do territorio galego.
Canto ao outro que me dis, supoño que nunha semana ou dúas xa teremos a Fra nas librerías.
Vémonos mañá na Casa do Libro. Unha aperta.
Enviar um comentário