Houbo un detalle no enterro do ex-presidente que me gustou e ata me emocionou: a saída do congreso do féretro do avó os seus netos ían tras del, algún deles eran moi pequerrechos e incluso un levaba muletas.
Na nosa casa hai uns meses que morreu Tuca, a tartaruga do meu fillo que levaba con nós cinco anos. A súa nai deume a nova unha tarde e durante uns intres ollámonos sen saber moi ben que facer. Eu, afouto, collina e boteina ao lixo tras contemplala durante uns intres na súa lánguida morte cos meus ollos engradados. Despois, falamos e decidimos, covardes, agocharlle a lutuosa nova aos nenos, mais que nada pola pequena que só ten tres anos. Pero vaite ti a saber porque a partir dese día, e tras ficar case esquecida no seu acuario na terraza, os cativos preguntaban seguido por ela. Unha noite, farto de tantas preguntas, ollei a súa nai e confeseime con eles: Tuca fuxira e caera na finca de traseira da casa onde agora vivía feliz en liberdade. As bágoas e os saloucos axiña comezaron e en pixama dirixíronse á terraza para tentar albiscala entre a herba. O desgusto duroulles uns días, e aínda hoxe de cando en vez asómanse a fiestra e procuran por ela con saudade.
Supoño que todo isto debe ser consecuencia do noso agnosticismo familiar, do noso ateísmo militante na educación dos fillos. Cónstame que a familia do ex-presidente é moi relixiosa e coa naturalidade da súa fe e devoción falarían cos netos da morte do seu avó e de que agora estaría no ceo ollando cara a eles. Nós, crendo, que máis alá non hai ren, agás a continua transubstanciación da materia en enerxía no infindo ciclo da vida, acovardámonos e mentímoslles aos nenos.

1 comentário:
de tódolos xeitos crentes ou non crentes han de enfrontarse á morte e a morte ha de ser vista, ulida, non debemos crer que somos seres inmortales, debemos afacernos á idea da mortalidade canto antes. ser conscientes da propia morte cambiaría moitas das nosas actitudes egoístas.
Enviar um comentário