sexta-feira, maio 30, 2008

Obradoiro da rúa d´Armada


Xa que Xerais ofrece os primeiros capítulos de Festina lente, eu únome a súa campaña e inauguro Obradoiro na rúa d´Armada. Nel ofrecerei a todos aqueles lectores interesados información sobre a novela, o seu nacemento, proceso de escrita, influenzas, bibliografía, algún que outro breve spin-off e máis sorpresas. Asemade, servirá para que deixedes os vosos, comentarios, críticas ou preguntas. Irei deixando aviso aquí cada vez que pendure algunha anotación. Comezarei devagar para dar tempo a xente a ler o libro.

6 comentários:

R.R. disse...

Fermosa idea. Xa me suscribín.

¡Qué ganas de ler o libro enteiro xa!

Anónimo disse...

As primeiras páxinas xa me convidaron a comprar o libro de inmediato.

Anónimo disse...

Eu tamén o encarguei e téñoche boas ganas de ler o libro.
Á parte do grande interese da historia, outras cousas que me chaman a atención son o galego tan rico que usas e a túa capacidade (para min asombrosa) para documentarte e para inserir esa documentación axeitadamente na historia.
Moi interesante a idea do blog.

folerpa disse...

Grazas, r.r. e arume.
Ameixeiro, grazas tamén. O da docuemntación case acaba comigo e coa novela. No blog xa falarei devagar deste tema e reconmendarei algunha bibliografía para min indispensable.

Anónimo disse...

Cando presentas o libro? Vas asinar na Feira de Vigo?
Onte estiven a piques de mercalo, pero dixen: agarda que cho asine. E así estou. Por iso pregunto.
Emprego este blog porque no outro non deixan poñer o Nome/url.

folerpa disse...

Arume, presentareino nas feiras do libro de Vigo e de Coruña, e tamén en Santiago nos vindeiros meses.