quinta-feira, maio 29, 2008

Ferrin e os 400 mojitos


Coñecida é a miña opinión sobre os fastos da Habana, mais o que fai hoxe a Voz, non por sorprendernos pois xa estamos afeitos a súa bilingüe liña editorial, deixa de ser infame.

Na súa edición impresa os 400 mojitos que seica pagamos na Habana, 800 € ao troco polo cattering dunha recepción non semella un dispendio, ocupa máis espazo que a nova do noso flamante primeiro Premio Nacional de Literatura, e non falemos da edición dixital, onde a rexouba tropical vai na portada e o de Ferrin fica marxinado, como non, nas páxinas de cultura.



Eu, postos a falar de cartos, fixen nunhas sinxelas contiñas cos datos tirados da última edición de Tempos, a saber:

A voz cobrou en subvencións no ano 2007 a suma de 967.782 € e publicou en galego só o 4,8% dos eu espazo. Contando que ao ano o xornal pode publicar aproximadamente 25.000 pax. sendo xenrososo, esa mínima porcentaxe correspondería a unhas 1.200 pax. anuais na nosa lingua. Un sinxela división danos como resultado un custo de 800 € por páxina en galego do xornal con cargo aos xenerosos fondos da Xunta. Tanto como o que se gastou na recepción da Habana.

9 comentários:

Laurindinha disse...

Moi bo este post! Completamente de acordo!
O de "La Voz de Galicia" non ten nome... como custa ler entre liñas! E o peor de todo é que é o único xornal galego cunha información máis ou menos ampla... os demais parecen a folla parroquial... así que é case imposible cambiarse de xornal...
Saúdos!

folerpa disse...

Laurindinha,concordao contigo, eu ata o merco as fins de semana, pero por que non queda máis remedio.
Unha aperta

Anónimo disse...

Hai máis opcións: lelo no bar ou en internet. Ou non lelo.

folerpa disse...

Anónimo, polo semana bótelle un ollo onde almorzo, e só o merco os findes.
Son aínda moi guttemberiano e o xornal gústame lelo deitado no sofá. Podería non facelo, aí tes razón, pero hai que estar informado, as veces tamén lle boto un ollo ao de Pedro J. pois hai que saber con que anda o inimigo.

Mario disse...

400 mojitos? A min paréceme pouco.

R.R. disse...

Moi bo post, señor Folerpa, quitoume dos dedos o asunto mojitos. E a Ferrín, ¡noraboísima! Creo que a repercusión dos Nacionais na prensa está sendo... non sei cómo definilo sen ser ofensivo coa prensa...

Veloso disse...

Magnífico comentario, Folerpa. Vou tratar de memorizar os datos para empregalos na primeira discusión que se me presente. Un saúdo.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

E como diría vostede noutros foros, a maior abundamento, témome que sen eses 800 euros non habería NADA en galego no xornal.

Anónimo disse...

Una de Mojitos: 800 euros. Qué barato, que guai,que nacionalista! eso sí que é facer país. Hai xente que non cobra eses cartos ó mes. Pero eses cartos van ser moi fructíferos. Tódolos cubanos xa están lendo galego e mecando libros abofé. Os cartos revertirán de xeito sobrado na economía de Galicia. Eses cartos e tódolos que gastou a caravana de bloqueros en Cuba e enbruxellas. Qie guai!!! A sociedade galega pedía un cmabio dixo Quintana, e houba cambio sí de persoas pero non de mañas.