quarta-feira, maio 21, 2008

No día da diversidade cultural...,

...malia que lles pese a algúns, teño que falar da festa do sábado en Belgrado. A miña favorita é a extraordinaria canción francesa Divine, cantada totalmente en inglés por Sebastien Tellier. Imaxinade! Os chauvinistas dos franceses enviando un tema nunha lingua, que que eu saiba, aínda non é o oficial no Eliseo por moi ben que a fale a presidenta consorte.

Vos imaxinades que aquí se enviase unha canción en galego de Projecto Mourente, ou unha en catalá de Antonia Font, ou unha en euskera de Fermin Muguruza, ou unha en asturianu de Mus. Vos imaxinades?

7 comentários:

Anónimo disse...

Trátase dun plantexamento tramposo, Folerpa. Creo que non pasaría nada se a representación española interpretara un tema en inglés (Dover, por exemplo), e aí si sería igualiño ca os franchutes.
Cando eles envíen un tema en corso,en occitano, en bretón, entón poderemos facer a comparación que plantexas.
En todo caso creo que nin veremos unha cousa nin a outra.

R.R. disse...

Bueno, pois para que o plantexamento non sexa "tramposo", digamos que a canción española cántase en portugués... ¿vos imaxinades? xD

E claro, estou de acordo co anónimo, nin unha cousa nin a outra, sospeito.

folerpa disse...

Anónimo, certo que o plantexamento era un chsico trampulleiro,mais o que quería destacar é o feito de que os franceses tan pagados de si mesmos e coa súa grandeur renunciasen a súa propia lingua somtendose aos ditados da pérfida Albión. O tema ademais causou certa pólemica na opinión pública gala.

LM disse...

já tem havido representazom com letra em inglés(ainda que o estribilho fosse em castelhano) mas acho que a representazom espanhola por parte de dover seria mudar a trajectoria do certame e incorporar algo de sentidinho comum á dignidade da música.

l&m, para gustos pintan cores, pero a min se me dan a elixir entre as irmás Llanos e Rodolfo non sei a quen escollería. Amais, non sei cando Eurovisión tivo algo que ver co sentido común e coa dignidade da música, a non ser que nos remontemos a hai trinta anos...