sábado, maio 17, 2008

A Santiago vou, lixeiriño, camiñando...


Polo dereito a vivirmos en galego, a falarmos, a bicarmos,
a berrarmos, a cantarmos, a rifarmos, a educarmos, a soñarmos...


2 comentários:

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Que o pasen ben. Eu non poido estar porque vivo a seiscentos quilómetros. Mais, aínda que non esté fisicamente, non quere dicir que non esté...

Anónimo disse...

Cando un Parlamento promulga leis de normalización pensa que todo o mundo anda de catering en catering pisando moqueta e falando polo mobil entre o despacho e o coche oficial... pero non é así.

Cando se promulgan leis que non respectan a Liberdade Individual dos Cidadáns, outros cidadáns máis ousados ou que entenden as leis á súa maneira teñen a opotunidade de interpretar a súa aplicación coma lles peta.

Contra os dereitos dos demáis e amparándose na lexitimidade dos fins que perseguen, esgrimen a legalidade vixente, e mesturando churras e merinas , fan da lingua o seu Campo de Batalla!

No día das Letras Galegas escoitamos ós políticos frases para titulares, soños de redención da terra e da cultura do país... Mentras uns falan outros traballan para alcanzar os seus fins polo atallo da violencia e da imposición!

Ogallá sexa tan só un vídeo e non se chegue a converter no futuro da xuventude nesta terra:

VILINGUISMO = VIDEO ou DELITO ?

http://blip.tv/file/912060/