Con esta canción do gran Sam Cooke, aquí na mágnifica versión de Booker T & The Mg´s, remata sempre os seus mitíns o senador Barack Hussein. Agardemos que ese cambio veña e se produza mañá polo ben de todos.
segunda-feira, novembro 03, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
6 comentários:
Supoño que saberá que Seal presenta unha versión extraordinaria desta extraordinaria canción.
Por certo, hoxe escoitei unha non menos magnífica I can't stand the rain do propio Seal.
Véxoo moi esperanzado con Obama e lamento non compartir ese entusiasmo. Halle de ser coma os outros, xa verá.
Arume, grazas, xa coñecía as versións.
Veloso,non amole ;-). Sei que chegará a presidencia con moitas débedas, favores e contas que saldar e o seu marxe de manobra será limitado . Pero pense que cando el naceu aínda había segregación racial nos estados do sur. Para min supón un fito histórico, aínda que ao cabo a vitoria foi bastante xusta en porcentaxe de votos.
Sorry Folerpa , pero ista non é a version de Terence Trent D'Arby ?
Booker T. penso que non canta , ou si ? De calqueira xeito, esperemos que o do Hussein Yanqui sexa cambio de verdade (pola conta que indirectamente no trae)
saúde e saúdos.
A Madriña bless you All
Ogallá haxa bós cambios con Obama.
Mea culpa, Madriña, a présa. Fixeime máis nas imaxes do video que na música de fondo. Malia o título é Terence, efectivamente, pero tampouco está nada mal.
Enviar um comentário