Unha comisión organizadora radicada en Ourense estamos a preparar unha serie de actos en HOMENAXE ao noso común amigo MARCOS VALCÁRCEL. A desculpa próxima é a publicación dun novo libro da súa autoría sobre a historia de Ourense –que se presentará o día 29 de novembro ás sete da tarde no Liceo– e outra a necesidade de buscar formas para expresar a gratitude e cariño que moita xente quere comunicar a Marcos, nestes momentos complicados para a súa saúde. Non é este o lugar para glosar detidamente o gran contributo de Marcos Valcárcel á cultura galega. Chega tan só con lembrar algunhas das súas facetas: os seus traballos de investigación e divulgación sobre a historia de Galicia e en especial nos eidos cultural e xornalístico, a súa constante presenza na prensa galega dende hai trinta anos (hoxe en día en Galicia Hoxe, La Región, A Nosa Terra), o seu desinteresado labor de organizador e dinamizador cultural na cidade de Ourense, ou o seu blog As Uvas na Solaina . E todo sempre desde posicións galeguistas, progresistas e dialogantes.
En consecuencia, gustarianos contar coa túa presenza e colaboración no seguinte acto: CEA HOMENAXE a MARCOS VALCÁRCEL . Ourense, SÁBADO, 29 de NOVEMBRO de 2008 , ás 21:00 horas, Restaurante San Miguel.
RETIRADA DE TARXETAS: As tarxetas para a asitencia á Cea poderanse retirar en Ourense, desde o venres día 7 de novembro, en tres lugares: No Liceo, na Casa da Xuventude e no Restaurante Sanmiguel. O custo da cea é de 30 euros. Para aquelas persoas de fóra de Ourense que queiran asistir, habilitamos unha conta de Caixa Galicia (2091 0400 88 3040045410 ) na que poden facer o ingreso desa cantidade indicando o nome do participante. Posteriomente, o mesmo día da Cea pódese retirar a tarxeta no restaurante co resgardo da transferencia. Dada a previsión dunha nutrida concurrencia, rógase efectuar estes trámites canto antes. En calquera caso, pecharanse as listas de asistencia o día 25 de novembro. INVITACIÓN ABERTA: A Cea Homenaxe está aberta a todas as persoas interesadas, polo que che pedimos fagas extensiva a invitación a quen consideres oportuno. Unha cordial aperta e moitas grazas a todos.
César Ánsias / Xoán Fonseca / Benito Losada / José Carlos Martínez-Pedrayo Eustaquio Puga / Xosé Ramón Quintana / Xosé Trebolle / Afonso Vázquez-Monxardín

1 comentário:
Unha voz imprescindíbel na prensa galega a de Marcos Valcárcel.
Enviar um comentário