A primeira páxina do Mundo de hoxe non ten desperdicio por populista, hipócrita e noxenta. A dereita máis radical do estado español e os seus medios afíns xa beatificaron a súa particular Xoana de Arco, azoute de rojos, maricóns, machorras, ateos e cheguevaras.
O triste do caso é que ninguén neste país estaría hoxe falando do que pasa en Mumbai se a princesiña descalza non chega a andar por alí. Escoitar o seu melodramático relato arrepía: coa displicencia dunha nova rica queixase da ausencia dun plan de evacuación no hotel, logo deixa tirados a todos os seus compañeiros -que afouta capitana de barco!- e foxe ás alancadas polas cociñas co seu séquito de afectos, e para rematar o conto baten cunha muller ensanguentada á que ninguén axuda e deixan abandonada. Que noxo...! E calo xa, porque senón remato no xulgado.

6 comentários:
E un novo mira(culo). A monxiña que a entretivo de máis retrasando a súa chegada ao hotel e unha morte case segura. ¡beatificación xa!
Eu tento imaxinar o discurso satírico que se lles ocorrería a eses mesmos narradores da infamia se o protagonista fose outro Presidente de Comunidade. E mesmo en boca dela se o que lle pasara iso fose a outro calquera (fóra obviamente do seu partido: eu penso no de Cantabria ou no de Aragón, para que non digan).
Aínda teño o cafeliño da mañá atravesado pola mala hostia que se me puxo cando vin a portada no kiosko.
Ana, non sabía o da monxiña. Arume, se fose o de cantabria montarían uns sainete de moito carallo con el.
De todos os xeitos agardo que non sexa un agoiro. Esta muller é coma un gato, sempre cae con bandullo cara a arriba; tras o do helicóptero de Móstoles e esto, xa vexo de futura presidenta do goberno. E pensar naquela ministra parva de Aznzar da que tanto se chanceaban os de CQC...
Aínda lle buscarán analoxía co do atentado de Aznar.
Onte parecíame escandaloso que os xornais, en xeral, antepuxesen a peripecia da señora esta ós 80 mortos que había naquela hora. Hoxe non sei cómo definir o titular. Probablemente acabaría tamén no xulgado se dixese o que penso, desta señora, de El Mundo e case diría que do mundo en xeral.
Qué vergoña.
Eu, por unha vez, e sen que sirva de precedente, concordo con Pepiño: "Fuxiu do lugar deixando tirados a tódolos membros da delegación que a acompañaban". Nunca se viu un lider que fuxa cando hai problemas e ela fixoo. Foi a fin da súa carreira política, ainda que moitos medios digan o contrario.
Enviar um comentário