quinta-feira, março 12, 2009

Amabilidade lingüística


Feijoo vai camiño de atopar un lugar senlleiro nos libros de lingüística a carón do mesmísimo Saussure. Onte, na súa visita ao Consello da Cultura Galega, sacou da manga un novo palabro: amablidade lingüística. E con todo o descaro reinvindicou a Piñeiro, Sabell e incluso a Cunqueiro! Como se non chegara coa entelequia esa do bilingüismo hármonico. O alicerce dese nova política de amabilidade lingüística xa sabedes cal é: "Pobrecitos, que hablen lo que quieran esos palurdos, siempre que no se mezclen con mis niños y los retrasen en sus clases de inglés" .
Asemade, coma pasa sempre que os petos do estado andan baleiros, os recortes viran pola cultura, pois non foi quen de confirmar que vaia haber consellería, así que cada un xa pode ir pensando e pagarse os mojitos. Aínda que isto non é mala idea, só pensar en Lopez Chaves nese posto dáme un calafrío. O que si confirmou e que o gran eixo da súa política cultural vai ser o Xacobeo 2010, asi que xa podemos irnos preparando.
De todos os xeitos, o dos recortes nos gastos culturais en tempos de crise, especialmente de aquilo que os políticos populistas considerna que é elitista, esténdese coma un andazo por toda Europa. Vai como exemplo a polémica que ven de crear Baricco en Italia pedindo que nestes tempos de recesión non se poden desbaldir os cartos públicos no teatro e na música e que estes deben gastarse nas escolas e na TV.


9 comentários:

Anónimo disse...

De todas formas, resulta curiosa a elección de Piñeiro, Sabell e Cunqueiro.
Seguro que Lándoas prepara algo.

folerpa disse...

Abofé que si, arume, non sei que asesor lle suxeriría eses tres nomes? Lopéz Chaves seguro que non foi.

bouzafria disse...

Unha persoa moi intelixente da que teño honra de ser amigo, comentou o divertido que sería ter a López-Chaves de conselleiro. Os 37 parlamentarios da oposición petando na porta da súa consellería para pedirlle fotocopias de todo documento que se imprima.

R.R. disse...

Non sei que me dá máis medo. Pero pensemos en que xa estiveron no cargo outros que non vou mencionar e, aínda que malamente, a cultura segue vida...

Petición: que alguén traduza o de Baricco e cortepegue, que ando lacazán. ;-)

R.R. disse...

vida=viva, quixen dicir.

folerpa disse...

bouzafria, o das fotocopias nin de coña, que hai plan de austeridade e, como di Manolo Gago sempre, a tinta e o líquido máis caro do mundo.
r.r., seino, seino. Pero que o seu concepto de cultura pase polas fastos do Xacobeo 2010...

Veloso disse...

No foro de Galicia Bilingüe andan alporizados. Seica alguén fixo correr o rumor de que o conselleiro de Cultura vai ser... Xosé Carlos Caneiro, ao que os bífidos consideran un perigoso separatista.

Anónimo disse...

Veloso, sabe que hai de certo nese rumor? Caneiro conselleiro? Home, ao Latorre ben que lle doura a píldora...

Veloso disse...

Non teño nin idea de se é un rumor fiable ou non. Xa lles digo que o lin no indignadísimo foro dos bilingües.