Ao fío desta lúcida anotación de Brétemas e desta incontestable de Lándoas póñome a facer contas da meu persoal historial político dende que cumprín os 18 anos: 86-87 AP, 87-90 PSOE, 90-05 PP, 05-09 PSOE-BNG, 05...PP. É dicir 18 anos de dereita contra contra 7 escasos de esquerda, nos que creo lembrar que só gañei catro eleccións. O balance é triste é arrepiante. Comenteillo ao meu fillo onte ao mediodía durante a comida: que moito me temía que ía ter que ser el quen desaloxase a estes do poder alá para o 2018 cando poderá botar por vez primeira.
quarta-feira, março 04, 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Imaxine vostede en Catalunya, con 25 de CiU, no País Vasco, con case 30 de PNV, ou en Andalucía con toda a vida co PSOE. Eu teño amigos en Córdoba, completamente abonados ao de sempre.
Míreo así porque, se non, dalle un hamacuco.
arume, grazas polos azos, pero mal de moitos...
¡Che! ¡Botar xa botará!
É vostede ben agarimoso: chamarlle esquerda ó SOE e, sobre todo, a aquel goberno de Laxe con Barreiro.
Non é mal de moitos, pero creo que é moi moi negativo o discurso que se está facendo por todos eses blogues. Eu non sentín que a miña xeración triunfase cando gañou o bipartito e non sinto que estea derrotada agora, e moito menos me vou resignar a pensar que @s meus fill@s (que aínda non naceron ou aínda non m@s trouxeron de China) van ser os responsábeis do seguinte cambio político.
Cada minuto que pasamos chorando é un minuto que perdemos de loitar. Hai que moverse, ir á rúa, dar o combate a cara de can e non consentir que nos pisen, que isto non é o 36, como me parece por algúns comentarios. O optimismo e alegría son deberes revolucionarios. Sen alegría non hai futuro.
E deixemos de dicir que gañaron unha lexislatura de 20 anos se non queremos que iso se acabe facendo realidade.
r.r., o de esquerda xa ía en cursiva.
Mario, inzase o desánimo nas filas, é evidente.Isto é como unha gripe que pasará nuns días. Pero teño claro tamén que nuns meses estarei cos meus fillos na rúa para garantir os seus dereitos linguisticos. E máis, segundo vaian as cousas, súa nai máis eu xa valoramos a posibilidade de non escoralizalos para o próximo curso.
Respecto ao futuro, e vendo como está a oposición e como admnistrou sempre o poder a dereita, pois non pinta nada ben , pero todo se andará.
Eu ata pensei en que é o momwnto de afiliarme algún partido e comezar a loitar dende a base dentro do sistema...
Enviar um comentário