Sempre pensei, que das andainas polo país que Manolo Gago nos relata no seu extraordinirio Capítulo 0, poderíanse sacar o xermolo de moitas e boas novelas. Pero o caso da elefante de guerra da igrexa da Pobra recoñezo que me deixou prendido e ata enfiei unha historia sobre a súa orixe e a do canteiro que a traballou.
Recoñezo que agora non podo escribrila -co seu permiso, por suposto- pois ando ensarillado, por un lado, cun proxecto ilusionante co que estou aprendendo moito sobre a escrita malia que case aseguraría que non sacarei nada en limpo, e, por outo, teño unha novela rematada por corrixir, a espera do veridito dos meus lectores, que andan un chisco preguiceiros.

6 comentários:
Mágoa que Saramago se nos adiantase :-)
Non reparara no de Saramago, Mario, pode ser por que hai anos que o abandonei.
...que iso non sexa un problema para a túa imaxinación. :-)
Moitas grazas pola mención!
Preguiceiros de carallo, certo é...
Agora que M.Gago xa pasou e falou, dígolle o que penso: o Capítulo 0 é dos blós máis interesantes do país: ademáis de proporcionar boas historias, ás veces ponse a abrir o apetito, outras amósanos a riqueza natural e paixasística do país, cando lle peta dálle polos enxeños tecnolóxicos... Un gustazo, si señor.
E outra cousa, disimúleme: que a famosa Sara Mago escribira un tocho sobre o asunto non impide que vostede se meta a facelo mellor ;-)
E anoto sobre o comentario anterior: do país e do mundo mundial.
Abofé, .r.r. Capítulo 0 é un dos mellores escaprates que temos deste país, afastado dos tópicos, afonde as súas raiceiras no alento milenario destas terras pero sen deixar de lado as nosas máis modernas experiencias en calquera eido. Eis o noso país, e non o que outros queren vender.
Enviar um comentário