Ben pouco lle durou a Feijoo o seu discurso obamista do domingo: do "gobernarei para todos e o con todos" pasou onte ao "gobernarei para todos e con todos pero cada un na súa corte". A política de segregación lingüistica que ven de anunciar é un dos maiores erros políticos, -contéñome no calificativo- dende a chegada da democracia. Un erro que é o primeiro alicerce para acadar unha nova maioría progresista para este país nas eleccións do 2013.
Este ataque frontal ao sentido común, ao máis elemental principio de igualdade e á nosa lingúa, abre unha caixa de pandora da que non semella moi consciente.
Se a un pai ou nai se lle dá a posibilidade de escoller que o seu fillo non comparta aula con eses pailáns que queren aprender galego, cal será a seguinte escolla? Non compartir aula con inmigrantes? con nenos do sexo contrario? con rapaces musulmans? con ciganos? con nenos cuxos pais non estean casados? con nenos de parellas gais? con nenos morenos de máis...? E como faran os mestres para recollelos da hora de lecer e levalos a cada un para a súa aula monolingüe, poñerémoslles mandilóns de cores? Unha chapiña coa bandeira, co símbolo da súa relixión, co sexo dose seus pais...
É onde vai todo aquilo da política de austeridade, da loita contra o dispendio? Pensa duplicar mestres e aulas, onde está a financiación? E cos libros de textos? serán gratuitos só os que estan en castelán e o que queira galego que o pague? Ou ao mellor pensa organizar o ensino todo de xeito monilingüe. Por unha banda os CEIPG, os galegos, e pola outra os CEIPE, os casteláns. E despois de crear guetos lingúisticos escolares, os pais, por aquilo da concilición da vida laboral e familiar, mudaranse o máis preto posible das escolas dos seus fillos e as nosas vilas e cidades quedarán segregadas entre banda galega e banda castelán.

(Na foto, a vella bandeira afrikaner, xa estou imaxinado a bandeira galega, coa española incorporada no medio e coa británica tamén, por aquilo de que sen o inglés non se pode andar polo mundo. No título do post unha frase en afrikaans: Falas español? )
4 comentários:
Non lle dan os cartos, xa o sabe. E está recuando, ao parecer díxoo onte na Cope...
Non recúa, non. Outra cousa é que vaian por partes, é unha táctica evidente. Pero a Rede está chea de comentarios de odio que deixan ver ás claras as súas intencións.
Hai que sinalar tamén, como fan eles, o ataque que esas medidas supoñen para os dereitos INDIVIDUAIS das persoas que falamos galego habitualmente. Se outros sectores da poboación alegan non entendernos (pues para eso se libraron de la "imposición" del gallego), ¿que nos queda? : SER CIDADÁNS DE 2ª, pois a trampa está en que o castelán SI QUE ESTÁ IMPOSTO (art. 3 da Constitución), e temos a obriga de sabelo, queiramos ou non. ¿Onde queda a igualdade lingüística que pregoan? É un ATAQUE FRONTAL contra o Estatuto de Autonomía. E, que eu saiba, non teñen maioría para cambialo. Desta vez toca pelexar con intelixencia e con todas as armas dispoñibles.
Si recúa nunha parte. Loxicamente derogará o decreto. Loxicamente a súa política? lingüística será nefasta co galego. Non estou a dicir o contrario. Pero recúa na segregación de aulas porque non lle dan os cartos, e xa sabe, a liberdade e a ideoloxía están moi ben, pero poderoso cabaleiro...
...e si non recúa, pois se o vemos doutro xeito igual sería mellor, porque logo petariamos con máis forza e despois si que non os pararían!
Enviar um comentário