segunda-feira, março 02, 2009

Corina vai quedar



Esta canción é a que mellor pode definir o meu estado de ánimo. Sen que iso deslexitime a vitoria espectacular de Feixoo e a desfeita, tamén espectacular do bipartito/bifronte, nunha xornada histórica de participación electoral.
Non estou triste polo hostión dese bipartito/bifronte que o buscou á mantenta, coa súas leas constantes e coa súa covardía política; senón por algúns deses vencedores que desfilaron tras da pancarta de GB e que podon acabar nunha consellería. Estou triste por que penso que é un día triste para a nosa lingua.
E fácil dicir agora que xa a barruntaba (aínda que só 38), malia que a Mario lle desgusten os que falan a touro pasado, pero cando un leva dez días escoitando nas cafeterías e bares de Vigo falar só do coche e do mobiliario do ex-presidente e logo dos vellos secuestrasdo, dos armanis e do iate do ex-vicepresidente, é que algo non vai ben. E non foi. A extraordinaria suba do voto urbano popular demostra que ese discurso do dispendio callou naqueles que máis dificil o están pasando, nos parados e hipotecados das cidades, que lexitimante castigaron aos desbaldidores: "eu estarei fodido pero ti vas a puta rúa". O que non sei é que sentiran cando esa austeridade que lles venderon supoña só a sinxela mudanza dos ocupantes dos coches oficiais e dos despachos, máis nada.
Despois, están os desencantados, coma min, que esperaban moito máis dese cambio progresista de hai catro anos, e que remataron decepcionados e pasaron de votar, eu fíxeno no derradeiro intre dun xeito utilitario que aínda me doe, pero coñezo a moitisimos que non o fixeron .
Por non falar de Pepiño e os seus fontaneiros de Ferraz que debeu pensar que isto era como o congreso federal aquel que lle gañou a Bono, en fin...
Ningún dos dous EX fixo o máis mínimo exercicio de autocrítica onte nos seus dicursos, non falaron da súa arrogancia, da súa deconexión co realidade, da mala xestión... nada de nada. Perderon por que o outro gañou sen máis, como se eles non botaran un mal agarrado na pista durante catro anos no que se meteron cambadelas arreo.
E agora Feixoo. Deberá escoller moi ben o seu equipo, no discurso de onte tras a vitoria seguía a manter a súa idea da campaña que agardo que poida cumprir. Deberá tamén levar coidado de Raxoi, que pretenderá capitalizar o seu éxito como propio, cando se o pensamos na súa campaña no rural o presidente popular ben pouco fixo e aínda pode perde un deputado por Ourense.
E logo están todas esas promesas: listas de espera de 45 días, baixada de impostos, o peche das galeoscolas, o citroen de presidencia, a derogación do decreto do galego... moitas delas inviables dada a situación económica e outras arrepiantes e que son as que, como galegofalante, me meten o desacougo no corpo.


4 comentários:

R.R. disse...

http://aliciacrece.blogspot.com/2009/03/contestacion-o-senor-folerpa-das.html

Porque para estar roubándolle aquí o sitio e botándolle á clientela, mellor volver a trabar, ¿non cre?

R.R. disse...

Vaiamos ás cifras, por ter algo de optimismo: o PP, nestas eleccións, sacou 3.000 votos máis que no 2005.

Mario disse...

Ben, a este paso está claro que: Non, Galiza, non será a miña xeración quen te salve, como non foi a de Novoneyra, Paciencia.

Anónimo disse...

Sempre nos quedará París... e Alvaro Cunqueiro.