segunda-feira, março 09, 2009

Causalidades/casualidades


Fagamos un pequeno xogo e contextualicemos todas estas novas: o candidato, que eu saiba aínda non é presidente (lembremos o tamayazo madrileño) que no mitín das Travesas en Vigo (un dos seus feudos electorais) camelou coa súa demagoxia (en castelán, of course) aos inquedos traballadores de Citroen que teñen un ERE sobre as súas cabezas; levaba tres anos usando de balde un coche cedido pola empresa. Ao parecer esa cesión incumpre o rexime de incompatibilidades do parlamento galego e incluso pode ser causa de obrigas fiscais. Pois ben, esa mesma empresa que tan xenerosa lle cedeu o automóbil anuncia agora, uns días depois das eleccións unha inesperada carga de traballo de 14.000 vehiculos que ao parecer lle caeron do ceo e dos que non sabía ren. Agora xogade vós e relacionade...

(Os de PRISA con tal de seguir meténdolle o dedo no ollo a Esperanza e a vella guardia do PP, largábanse onte unha reportaxe haxiográfica sobre o beatífico Feijoo, o home sen pasado, sen mácula nin mancha. Todo por manter aí a Rajoy: saben que non hai mellor/peor contricante para ZP. En fin.. o da prensa neste país está a chegar a uns extremos...)


3 comentários:

Anónimo disse...

Non estou de acordo con esa idea que que o PSOE "pasou" de Galicia coa fin de alicerzar a Raxoi á fronte do PP. Demasiado simple, ata para Xosé Blanco. Dígoo porque o mesmo Blanco recomendoulle a Touriño adiantar as eleccións. Quizais, de térense adiantado, estariamos a falar doutros resultados. Agora ben, se, como vostede di, o plan é manter a Raxoi para que gañe ZP, perderon Galicia e Aguirre volveralles gañar en Madrid, senón ó tempo.

Anónimo disse...

O da "Feijooneta" é un achado impresionante. Xenial. Ao que se lle ocorreu hai que darlle un premio.
Por outra banda resultame asombroso ver con que axilidade mental se relacionan algunhas novas, e a torpeza para relacionar outras, por exemplo as referidas ao paseo de Quintana pola mar adiante coa resolución do concurso eólico e a saída do Xornal.
A min é que me cansa moitísimo ver como a xente cre ou non cre dependendo do protagonista das novas. E máis me cansará cando Feijoo saia dicindo que iso non é máis que unha campaña orquestada contra el e o PP. Que sairá. Coma todos.
Que cansino!

folerpa disse...

Anónimo, o meu era só un exercicio de estilo, ao xeito de Karl Rove non de Queaunau. precismanet buscaba esa mesma reflexión que vostede fai...
O manual de comunicación dos políticos aseméllase bastante ou dun aos outros...