terça-feira, junho 21, 2005

Mea culpa

Non pensaba falar de política neste blogue pero deixeime levar pola voraxine eleitoral e a decepcióne e a inquedanza polos reusultados fixo o resto. Hoxe xa máis repousado tras ler tódolos cálculos e contas posíbeis que manteñen viva a esperanza prometo con cometer o mesmo erro outra vez. Volvo ao rego e todos tranquilos, ainda que o momento histórico que estamos a vivir ben merecía as arrroutadas dos últimos días. O luns celebrarei a caída do Antigo Rexime borrando tódolos posts referidos as eleccións pois formaran xa parte do remuíño toldado desa historia que xa dura dezaseis anos e que todos queremos esquecer axiña.
De penitencia vai un novo poema da ninfa que visto os comentarios recadados vai camiño de morrer de éxito.

1 comentário:

Anónimo disse...

Non te estreses. Que non teñas comentarios non quere dicir que non che lean. Cónstame que si. Eu, cando menos, fágoo a diario. E gústanme moito.
Parabéns.