de: indicativo: TVN-7557
para: indicativo: Ninfa 6786
cc: Ninfa6786@**********.com
data: 21/05/2046
asunto: Mai
prioridade: urxente
Non poderás aniñar xamais no meu ventre
pois non teño embigo
nin voz de mai nin o seu van nin o seu agarimo.
A música da miña infancia
é o silencio
do continuo e mecánico latexar
do berce incubadora que me arrolou,
polos seus ollos
dous escintilantes leds vermellos,
pola súa face
unha pantalla de plasma de alta resolución,
polo seu sorriso
o mesmo código binario a cotío,
pola súa voz
o incesante zunido dun relé
que responde aos meus saloucos e chíos
cunha anestésica dose de soma
cun acougo de calafríos.
terça-feira, junho 21, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Meus parabens, encántame esta serie de ficción-biolóxica-poética, quizáis inventes un xénero.
Que deparará o futuro, incerto concepto, xa que só o presente existe, pero eu estarei esperando o seguinte poema.
Unha aperta amigo.
Enviar um comentário