quinta-feira, junho 23, 2005
San Xoán
Miña filla lembras aquela primeira noite aínda sendo unha cativa en que te levei a festa dos fachucos e das teas, premías a miña saia xaspeada e non saías de antre as miñas pernas. Todo era misterio, sombras e tebras, vagalumes laranxas polas leiras e enxames de insectos que fuxían da santa compaña das labaradas que co seu lume purificaba as terras, milleiras, prados e eiras, labregos e animais que as traballan e tamén ás mulleres que na súa coraxe levan os sucos da seca e das malas colleitas.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Túa filla lembrará. E o meu fillo lembrará. Aínda que xa nada sexa coma antes era todo.
Enviar um comentário