quarta-feira, junho 01, 2005

Tic Tac

O tempo pasa.
Nas datas de caducidade das tapas dos iogures que acochamos na friaxe da neveira.
No bandullo de atleta daquelas vellas instantáneas na praia.
No po dos raiados elepés de jazz mercados fai anos nun chambo naquela infernal viaxe de fin de semana a Londres.
Nos libros mancados polas adicatorias de aniversario dalgún coñecido hoxe lonxano.
Nos esquecidos ritos de iniciación, bico ou condición.
E o tempo pasa.
E lembrámonos dos nosos pais coa mesma idade que agora temos nós.
Que vellos nos parecían.

2 comentários:

AQUI disse...

eu véxoo nas manchas de humidade da parede. parece que foi onte cando as pintamos.

chus disse...

Que vellos nos parecían naquel instante, naquela idade inconsciente e fugaz coma si o tempo non pasara por nos, como se fora algo alleo e afastado.