sexta-feira, junho 03, 2005

O meu indicativo no carné de copula da ninfa

de: indicativo TVN-7557
para: indicativo Ninfa 6786
cc: Ninfa6786@**********.com
data: 7/05/2046
asunto: Futuro
prioridade:urxente


O futuro
non existe meu amor,
vivimos nel,
coma os embrións inviábeis
que de tódalas castes
aboian no formaldehido
dos laboratorios de rexeneración humana,
mudados espécimes levedados na linfa encetada
dunha SOCIEDADE que se di NOVA

2 comentários:

Chus disse...

Meu benquerido folerpa espero ansiosa a lectura dos seguintes versos do teu poemario e só desexo que dende Ribeira che chegue o aguillón que axude a esvaer coa súa punteira a túa preguiza e o teu desánimo e non deixes na estacada a unha lectora afervoada dos teus relatos, novela, poemas ... polos ollos aboiados dunha editorial ou dun premio que aínda non chegou.
O futuro existe e o teu é escribir. Unha aperta grande.

folerpa disse...

Grazas polos teus azos Chus, sempre estás aí.