Fai anos que dende o lapis do carpinteiro non sae algo tan bo como o artigo de hoxe en memoria de Haro no País. Unha auténtica marabilla supoño que creada baixo a sombra silandeira do finado.
Eu botaba en falta as súas verbas poderosas, a súa capacidade para facerme un nó na gorxa sean caer na pucharca do sentimentalismo, en fin, a súa clarividencia.
Agardo que ese Oeste do que tanto se fala sexa o regreso do creador que deixou abraiado con ningún cisne e cun millón de vacas.
sexta-feira, outubro 21, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Creo que che vai gustar, Folerpa. Podes abrir boca con "O hroe". Recoméndocho.
Enviar um comentário