quarta-feira, outubro 05, 2005

ETES II

Na revista de/para mulleres coas que nos agasalla a Voz viña este sábado un decálogo dunha afamada psicóloga para educalos fillos, o seu decimo mandamento dicía:

Dales una oportunidad de hablar con Dios o de decidir si quieren hacerlo. Hablando con Dios obtenemos respuesta a preguntas difíciles como ¿ por qué existe el dolor? o ¿ por qué sufro ?. La espiritualidad ayuda a combatir el miedo, a desapegarse de lo material, a amar libremente , a desear el bien ajeno...

Polo tanto a nai dos meus fillos máis eu que non temos esa visión monoteísta da existencia e os educamos dun xeito agnóstico e laico pero non excluinte, estamos segundo a experta criando a uns mexericas, materialistas e egoístas incapaces de amar libremente - ¿quen ama con liberdade? – e de desexar o ben alleo.
O que dicía outro día somos unha familia de ETES.

1 comentário:

Laurindinha disse...

É incrible que aínda haxa xente que utilice a Deus para sentirse mellor ante os seus problemas...Quen me dera ser tan inxenua! Nada, meus pais non lle fixeron caso á psicóloga da Voz...