quinta-feira, outubro 13, 2005

Lecturas

Hoxe, día do meu trixésimo sétimo aniversario, unha lixeira airexa de outoniza melancolía enguedéllaseme nunha barba que xa encanece, así que deixarei falar a Bohumil Hrabal por min:

“...porque os verdadeiros pensamentos proveñen do exterior, van xunto ao home coma a súa friameira de fideos e por iso todos os inquisidores do mundo queiman os libros en van, porque cando un libro comunica algo válido, o seu ritmo silandeiro persiste incluso namentres o devoran as lapas, e é que un verdadeiro libro sempre indica algún camiño novo que conduce máis alá de si mesmo.”

Agardo, que no tempo que me queda, poida seguir lendo libros e atopando camiños alén deles, e ver que os meus fillos van da miña man por esa marabillosa e ás veces revirada corredoira de verbas.

5 comentários:

Anónimo disse...

é verdade que tamen eras da añada de outubro, é do 13 , S. Eduardo Rei, non esquenzas, dentro de 2 dias caeran outros que sei eu, asi que parabens mutuos -supoño-

Anónimo disse...

é verdade que tamen eras da añada de outubro, é do 13 , S. Eduardo Rei, non o esquenzas!!! tranqui que dentro de 2 dias caeran outros que sei eu, asi que parabens mutuos - i supose-

Anónimo disse...

Pois iso, noraboa.
Non sei quen es, non me importa, eu tan só entrei aquí o outro día chamado por Hrabal (postei), e hoxe volvo a facelo para dicir que se hai algo que mereza a pena dun libro é a sensación marabillosa de snetir a necesidade de reler nel unha vez e outra vez. Así os de Bohumil (para min), así dende hai anos. Hai máis, pero el está sempre.

Anónimo disse...

Parabéns, lo.

Non direi o de "un libro, un amigo", pero como proxecto de cutre-filólogo que son digo: "alabín, alabán".

saúde!

Anónimo disse...

¡Compañeiro Libra,parabéns! Longa vida con tempo para leer,falar,leer,amar,leer,escribir, leer...Eu son do 10 do outono de unhas cantas mans de anos anteriores a tí...Pero que me quiten o leído ! Lola