segunda-feira, outubro 03, 2005

Eclipse

Durante uns intres as rúas e recunchos da cidade ínzanse de sumerios, de maias, de exipcios que pregan abraiados ao pai sol, na ribeira do Tigris, no cumio de Chichén Itzá, ao pé da Esfinxe, e na noitebra da súa insignificancia esmorece a súa arrogancia.
Despois mudan outra vez en altivos guerreiros que ignoran os berros e laios da infinda natureza que os abrangue e que os conduce irremediábel a súa extinción coma antes os sumerios, os maias e os exipcios.

1 comentário:

Laurindinha disse...

Precioso o texto... A min a eclipse mantívome nun presente demasiado tecnolóxico.