quarta-feira, outubro 19, 2005
O home duplicado
De volta do traballo no bus recibo un chamada dunha amábel teleoperadora dunha entidade bancaria que me informa que bloquearon a miña tarxeta pois foi duplicada e onte mesmo trataron de sacar con ela 300 € nun caixeiro de Madrid e 500 € noutro de Barcelona. Por sorte a miña conta estaba nos seus acostumados números vermellos e non levaron nin unha chica. E durante uns intres sentinme coma un pequeno deus que na súa ubicuidade ficaba na mesma mañá en Vigo, Madrid e Barcelona á vez.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Non sexas modesto, non restes. Triplicado, home triplicado.
Pepin, non era modestia, era unha pequena homenaxe a Sara Mago.
Ubicuo si, pero sen un can... Non sei se compensa.
Perdón, a mensaxe anterior era miña.
Enviar um comentário