Ao fío do post de hoxe de Veloso cóntovos esta triste historia.
Na magnífica conferencia da profesora Ofelia Rey Castro na Fundación CaixaGalicia o pasado martes sobre os libros na Idade Moderna en Galicia ocorreu ao comezo da mesma un feito incrible. A presentadora do acto ante o escaso público asistente, só 14 persoas, estrañouse e comentou que houbera problemas na convocatoria por correo electrónico que moitos recibiran ese mesmo día e desculpouse coa conferenciante. Unha señora das primeiras filas comentou que moitos dos convocados, supoño que vellas e vellos podentes coma ela cos seus cartos a prazo fixo en Caixagalicia, non acudiran a mesma por pensar que ía ser impartida en galego. A presentadora —menos mal— manifestou que non cría que tal feito botase a xente para atrás e achacou o escaso éxito ao mal tempo e a choiva, aínda que engadiu que estaba ben sabelo e que nas próximas convocatorias deixaríase claro este asunto para evitar malentendidos.
A profesora impartiu a súa conferencia en castelán mais cando lle fixen algunhas preguntas respondeume con toda a naturalidade nun fermoso galego namentres a podente señora xiraba a súa cabeza e fitaba cara a min con xesto aquelado.
quinta-feira, outubro 05, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Paréceme incrible que todavía quede xente desta. Pero o peor é que non me custa nada de traballo crermo.
A-lu-ci-nan-te. Somos un pobo suicida, cada día estou máis convencido.
Unha desas actitudes resistenciais e negativas contra o galego das que me toca falarlle hoxe ós meus alumnos... Confiemos en que as enquisas non se enganen e que quede pouca xente así...
Ti tamén...Mira que atreverte a falar en galego...
Enviar um comentário