sexta-feira, Março 06, 2009

What´s going on



Na nosa casa, os días Marvin Gaye son aquelas xornadas felices nas que un se alegra de estar onde, como e con quen está. Neses días lucidíos sempre soan estes dous temas a xeito de pagá acción de grazas.
Pois ben, tras a grisalla e o desencanto destes días é hora de ollar cara a adiante. Vaia este video con todo o meu agarimo para o arrichado de Mario que nunca caeu no pesimismo e para todos aqueles que aínda non levantaron o ánimo. Estamos en marcha de novo.

1 comentário:

Mario disse...

Non fas unha idea da ilusión que me fai. Na miña casa tamén somos moito de Marvin e da Motown en xeral, aínda que non temos días Marvin aínda. Ultimamente estou namorado da versión de I heard it through the grapevine de Ben Harper, do filme documental Standing in the shadows of Motown. Moi recomendábel (o documental e a banda sonora).

Que veñan moitos días Marvin Gaye.