Vexo aos nenos xogando cos gatos no patio. Son moitos, de tódalas idades e cores, brancos, negros e atigrados.
E lémbrome daqueles outros, dos que sendo neno afogaba por unha pequena esmola. Asexaba ás nais no labiríntico almacén da ferraxería entre ladrillos, cemento e tuberías. Atopaba os seus niños e roubáballes as crías que logo afogaba nunha bolsa de plástico que botaba ao río Covés ou enterraba na beira da estrada ao pé da enguedellada figueira.
Ás veces teño medo do neno que fun.
terça-feira, setembro 06, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Eu, arrincáballe as ás as moscas.
¿Será por iso que teño medo a voar?
Os nenos sempre foron e serán crueis, pode que sexa porque non ven maldade no que fan. ¿Quen non queimou formigas cunha lupa ou pegou tiros os paxaros cunha escopeta de balins?
O malo é que no mundo hai adultos que seguen a comportarse como nenos crueis e non tan so con animais, tamén con outras persoas.
Enviar um comentário