O poeta di que en cada un de nós hai un río secreto a piques de botar fóra *. Ti es o río agochado que me percorre, acugulado na primavera dos días, enxoito no estío das noites. As túas augas mornas abeiran o meu corpo canso, lonxe das quenllas e das rutas dos grandes barcos, dese gran peixe que de vagar nos devora. Mergúllome coma un neno nas túas ondas, mollas a miña gorxa e a sede e a soidade cesan. Ti es o río que me abrangue, que me da a vida e que xamais se esgota. O poeta di que en cada un de nós hai un río a piques de botar fóra
* Mientras tanto dame la mano, Kirmen Uribe. Ed. Visor 2004.
quarta-feira, setembro 07, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
¿É que pasa cando ese rio desbordanos e o pasar un torrente de auga quedamos nos, abatidos e espidos entre as augas enlamadas?
Enviar um comentário