quinta-feira, setembro 29, 2005

Yoknapatawpha

O señor RioEu supoño que conmocionado aínda por escapar das poutas do Katrina adicou o seu boletín promocional de onte ao Old Man River e a súa literatura, en especial a Faulkner – ¡ co aprecio que lle temos neste país! – . Entre os convidados destacaba a presenza dunha experta tradutora que co seu pechado acento surista facía inintelixíbeis os nomes dous autores que citaba deseguido nun alarde de vehemente sabedoría. Despois da animada conversa cos colegas, o presentador ensalzou ata ruborizala unha amiga e escritora que ven de subirse ao carro da nefanda moda da novela pseudohistórica.
Espero que non teñamos que agardar a unha boa enxurrada para ver o día en que se dea unha volta polas ribeiras do Miño ou do Nervión ou do Ter e as súas literaturas.
Case bota en falta ao monologuista de Sánchez Dragó, polo menos botaba unhas risas.

4 comentários:

Anónimo disse...

Eu prefiro sen dúbida a Sánchez Dragó. Ainda que había que aturar ao personaxe, eran programas mais en profundidade, polo xeral monográficos dun autor, e sabía do que falaba. Este Rioyo non fai mais que publicidade encuberta, e os seu programa non deixa de ser una parolada con amiguetes sen substancia. Por certo, xa fixo a entrega anual de literatura galega, entrevistando, como non, a Manolo Rivas, autor da casa. Non lle pidamos mais, que non o pode dar...

Anónimo disse...

Eu tamén prefiro a Sánchez Dragó, a loucura e o exhibicionismo teñen un punto estético do que carece RiverMe, que é ademáis un lamentable columnista.

E il non podería dar máis pistas sobre a xornalista de marras? Non será unha presuntuosa que facía (e fai) crónica política denantes de subirse ao carro das revelacións bíblicas?

folerpa disse...

Edu non é a petulante da que falas, pero podería valer, todas elas, o seus artigos e as súas novelas son intercambiábeis. Eu referíame a que fala dun rei transparente no seu último alfaguara.

Anónimo disse...

Daquela esta é amiga-amiga (máis que a outra), musa do columnismo de El País... Seica agora o Estravagario vai sustituir a Lo + PLus na promoción de Alfaguara...